O Cárcere Vello en Tui acollerá mañá sábado, de 10 a 14h, unha nova edición do Mercado da Verdura. No mesmo poderanse adquirir, directamente dos agricultores ecolóxicos, os produtos de temporada. Pero amais mañá, ao coincidir o mercado coas Festas de San Telmo, haberá tamén outras actividades coma un obradoiro de aromáticas e degustación a cargo Restaurante Esteban – Tapas, Latas e Puros.
Tamén no marco do Mercado da Verdura vaise celebrar a V Cata de Colleiteiros de San Telmo, dirixida aos colleiteiros que teñan a súa viña en Tui, o viño que se presente pode ser branco ou tinto.
Sem comentários:
Enviar um comentário