O Concello de Tui está a redactar o proxecto para a demolición e reposición da cuberta nun inmoble situado no Conxunto Histórico de Tui dando así cumprimento, de xeito subsidiario, a unha sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo nº3, xa que os traballos executados non contaban coa preceptiva licenza.
Para a redacción do proxecto de derribo técnicos dunha empresa tudense de arquitectura, á que o Concello encomendou o estudo técnico tras solicitar tres orzamentos, achegáronse onte e antonte ata o inmoble acompañados por axentes da policía local, para así poder recadar os datos precisos para o seu traballo. En todo momento contaron coa colaboración dos propietarios da vivenda. Tras a inspección urbanística realizada esta semana, e unha vez a empresa de arquitectura entregue o proxecto de demolición o Concello de Tui procederá a executar estes traballos, de xeito subsidiario, tal e coma establece a sentenza xudicial.
Xunto a esta medida o Concello de Tui ten impulsado outras accións para a conservación do Conxunto Histórico como é especialmente a aprobación do seu Plan Especial pendente unicamente do informe da DX de Patrimonio Cultural ou a inmediata peonalización desta zona.
Sem comentários:
Enviar um comentário