Augas
de Galicia vai acometer a ampliación da Estación de Bombeo de
Areas, en Tui. Así o contempla o convenio asinado entre Augas de
Galicia, o Consorcio do Louro, a Confederación Hidrográfica
Miño-Sil e o Concello de Tui.
Coa
ampliación da Estación de Bombeo de Augas Residuais de Areas, que
da servizo aos núcleos de Areas, Randufe, Pexegueiro, Malvas e ao
Parque Empresarial de Areas, solucionarase o deficiente estado deste
bombeo e a súa escasa capacidade, permitindo así o envío das augas
vertidas ao aliviadeiro do mesmo á EDAR de Guillarei.
A
empresa Abaldo C.Gral de Construcción S.A. resultou adxudicataria
das obras por un importe de 455.286,70€ e un prazo de execución de
seis meses. Está previsto que comecen na primeira quincena do mes de
maio. Unha vez rematadas as obras corresponderá ao Consorcio do
Louro a xestión, explotación, mantemento e conservación das obras.
O
financiamento se realizará con cargo ao Fondo Europeo de
Desenvolvemento Rexional, FEDER, dentro do Programa Operativo Galicia
2007-2013,
e cos fondos nacionais precisos para confinanciar este fondo
estrutural. Deste xeito a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil
aportará o 80% do investimento e Augas de Galicia o 20% restante.
Sem comentários:
Enviar um comentário