A Sala de Audicións do Conservatorio de Música Profesional de Tui acolle mañá xoves, 16 de abril, o terceiro concerto do III Ciclo de Xoves Concertistas organizado por este centro de estudos musicais. A partir das 21h, con entrada libre, actuarán Cintia Lomba ao clarinete e Nadia Vázquez á gaita. Nos dous primeiros concertos celebrados a finais de marzo o público puido disfrutar coas interpretacións ao piano de Óscar Mirás, José Ramón Carvajal e Diego SantaMaría, á frauta traveseira Mónica López e á trompeta Manuel Madardáns.
Este III Ciclo de Xoves Concertistas continuará o próximo luns 20 de abril, ás 20.30h, con Diego Coedo ao piano, Marta Coedo ao piano, e Sara Pumar ao Clarinete. O último concerto celebrarase o luns 27 deste mes, ás 21h a cargo de Alma Giráldez e Irene Cebada ao violín.
Por outra parte o xoves 30 de abril, ás 21h, celebrarse o único concerto previsto este ano ao abeiro do II Ciclo de Xoves Compositores organizado tamén polo Conservatorio tudense.
A entrada para todos estes eventos musicais, que terán lugar na Sala de Audicións do Conservatorio, é libre ata completar o aforamento.
Sem comentários:
Enviar um comentário