O Concello de Tui beneficiarase dun investimento de preto de 570 mil euros por parte da Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan de Obras e Servizos 2015, PPOST, para a execución de diversos traballos no termo municipal.
Do total de 568.302,96 euros o maior investimento destinarase á renovación do céspede artificial do campo de fútbol exterior das instalación deportivas Álvarez Durán ao que se destinará 153.195,64 euros.
Por outra parte cun orzamento de 105.547,24 euros levarase a cabo un proxecto de sinalización das parroquias e os seus lugares.
Ao abeiro do PPOST está prevista tamén a reposición do pavimento coa mellora da capa de rodadura en diversos lugares do municipio. En concreto será na rúa Colón cun orzamento de 59.311,53 euros, no lugar de Estada en Randufe cun importe de 52.744,66€; na Devesa en Rebordáns por 46.506,63€; en Fonteseca en Pexegueiro por 37.345,22€; no acceso ao Monte das Penizas en Paramos por 30.267,62€; en Outeiro en Randufe por 28.8977,98€; e na Igrexa en Guillarei por valor de 27.991,18€.
Tamén no marco deste plan provincial da Deputación vaise renovar o parque infantil existente no Montiño, en Rebordáns, coa instalación de novos xogos e pavimento de seguridade ao que se destinará 26.494,86€.
Máis de 67.500€ do Plan Marco da Xunta para a mellora de camiños
Por outra parte foi concedida unha achega de 67.632,69 ao Concello de Tui ao abeiro do Plan Marco de Mellora de Camiños da Consellería de Medio Rural e do Mar
Sem comentários:
Enviar um comentário