O Servizo de Prevención de Drogodependencias e Outras Condutas Aditivas, do Concello de Tui comezará a impartir esta semana unha serie de obradoiros de Autoestima dirixidos ao alumnado de 3º e 4º da ESO do IES Indalecio Pérez Tizón e do IES San Paio de Tui.
A finalidade destes obradoiros é os participantes valoren as súas cualidades positivas así como as do resto dos seus compañeiros e sexan capaces de expresalas de forma adecuada. Tamén perseguen que sexan conscientes da dificultade que conleva en ocasións o recoñecer as cualidades positivas que posúe cada persoa. En resumo a finalidade é lograr que os alumnos/as potencien a súa autoestima. Serán impartidos pola técnica do Servizo de Prevención, sendo moi dinámicos.
Sem comentários:
Enviar um comentário