Ante as adversas condicións meteorolóxicas previstas para esta fin de semana o Concello de Tui acordou aprazar a XIX Feira de Artesanía que se ía celebrar este sábado 2 e domingo 3 de maio na cidade.
A decisión foi tomada de acordo coa trintena de artesáns que ían acudir á mostra. A nova data para a celebración deste evento será o sábado 9 e o domingo 10 de maio.
Sem comentários:
Enviar um comentário