quinta-feira, 23 de abril de 2015

A Biblioteca de Tui celebra o Día do Libro con contacontos, obradoiros e outras actividades

A Biblioteca Pública Municipal de Tui súmase mañá, 23 de abril, aos actos conmemorativos co gallo da celebración do Día do Libro con diversas actividades  dirixidas tanto a público infantil coma adulto. 
Por unha banda na zona infantil realizaranse obradoiros de marcapáxinas dirixidos aos cativos que elaborarán así o seu propio marcador. A entrada da Biblioteca instalarase un photocall literario onde os que o desexen deste espazo poderán fotografarse xunto a escritores coma Shakespeare ou Cervantes.  A Biblioteca tudense agasallará amais, durante todo o día, aos seus usuarios con marcapáxinas. Ao tempo realizará unha enquisa sobre os hábitos e gustos literarios para coñecer deste xeito mellor as preferencias e costumes dos lectores. 
Amais en horario de tarde está previstos dous contacontos na propia Biblioteca. O primeiro deles será ás 17.30h dirixidos nenos de 3 a 7 anos, e ás 19h para rapaces con idades entre os 7 e 12 anos.

Sem comentários:

Enviar um comentário