O Concello de Tui ten débeda cero tras a amortización o pasado 13 de marzo da débeda pendente coa Caixa de Anticipos da Deputación de Pontevedra por importe de 347.656,66€.
Este dato ven confirmar a boa situación económica do Concello de Tui que na liquidación do exercicio de 2014 cumpría xa coa totalidade das limitacións impostas polo Ministerio de Facenda. Así por unha banda presenta unha capacidade de financiamento de 2.689.348,83€ e cumpre coa regra de gasto cunha marxe de 480.008,47€. En canto ao endebedamento xa na liquidación de 2014 figuraba que o Concello de Tui non tiña débedas con entidades bancarias tan só coa Caixa de Anticipos da Deputación que vén de amortizar anticipadamente. Todo isto sen prexuízo da cantidade pendente de devolver ao Estado por liquidacións negativas en 2008 e 2009 que non se poden amortizar anticipadamente.
Da liquidación do exercicio de 2014 este da un resultado orzamentario positivo de 1.80.968,73€ e o remanente líquido de tesourería ascende a 4.790.626,93€
Sem comentários:
Enviar um comentário