Este domingo, 26 de abril, a partir das 10.00 horas españolas, se realizará o cuarto percorrido do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade, “Andaina Muíño de Paredes”, que sairá dende o pavillón da Macoca (Pazos de Reis).
Esta andaina percorrerá as parroquias de Pazos de Reis e Rebordáns, sendo a distancia aproximada de 12 quilómetros, cun grado de dificultade fácil e unha duración de ao redor de tres horas.
Como é de costume, o punto de encontro alternativo será o aparcamento do Centro Interfederado, ás 09.45 horas españolas.
Sem comentários:
Enviar um comentário