sexta-feira, 3 de agosto de 2012

O Estatutos do Consorcio para a xestión do ciclo urbano da auga do Louro están es exposición pública


Ata o 2 de setembro están en exposición pública os Estatutos do Consorcio para a xestión do ciclo urbano da auga do Louro que foron aprobados de xeito provisional nunha asemblea celebrada o pasado 5 de xuño.  Neste período os interesados poden presentar as observacións  e suxestións que consideren dirixidas ao presidente da comisión Xeral do Consorcio, cargo que na actualidade ocupa o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez. 
Tanto a consulta como a presentación de suxestións pode facer nos concellos consorciados, é dicir Tui, Salceda de Caselas, O Porriño e Mos,  ou en Augas de Galicia. 
Tal e coma se recolle nos estatutos, aprobados inicialmente, o consorcio ten como finalidade a prestación do servizo de conservación, mantemento e depuración do sistema de saneamento do río Louro no ámbito territorial dos Concellos que o compoñen. Para iso o consorcio estudará as necesidades en materia de saneamento dos concellos consorciados e elaborará os plans e proxectos oportunos. Tamén establecerá e fixará a contía das achegas de cada un dos integrantes do consorcio.  Será responsabilidade deste organismo o seguimento, control e inspección de vertidos de augas residuais tanto á rede primaria de saneamento como á rede de sumidoiros, contando nesta materia con facultade sancionadora. 
Tras a aprobación definitiva dos estatutos, unha vez estudadas as suxestións que se presenten, agárdase que o Consorcio estea operativo antes de que remate este ano 2012. 
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, que exerce na actualidade a presidencia da Comisión Xestora, explica que se están dando os pasos precisos para xestionar o ciclo integral da auga, é dicir, tanto saneamento como abastecemento, que beneficiará a unha poboación de 58.918 habitantes. Deste xeito cúmprese o compromiso dos concellos consorciados co medio ambiente.
O rexedor tudense apuntaba que se están dando os pasos precisos para compartir servizos, algo moi importante nos tempos que vivimos. Pero amais Moisés Rodríguez chamaba a atención sobre o feito de que a EDAR está situada en Tui, e que amais o municipio abastece de auga potable aos concellos de Tomiño e A Guarda, polo que no seu parecer “Tui ten que ter un trato especial”. Tamén reflexionaba o mandatario tudense sobre a importancia da auga, como ben escaso, indicando que coa súa xestión integral se rendibilizará ata a máis pequena gota, amais de establecerse un prezo común por este servizo para todos os habitantes dos concellos que integran o consorcio. 

Sem comentários:

Enviar um comentário