O vindeiro 15 de Abril, domingo de San Telmo, disputarase en Tui a tradicional Carreira Popular de San Telmo organizada un ano máis polo Club Atletismo Tui-Thermalia, coa colaboración da Comisión de Festas de San Telmo e o Concello de Tui, con saída e chegada no paseo de Corredoira de Tui. Será dende a categoría de “pitufos” ata a categoría de veterano, agardando que numerosos atletas e afeccionados percorran ese domingo as rúas de Tui a partir das 11 horas.
A categoría absoluta dará comezo ás 11 horas para dar 2 voltas a un circuíto urbano de aproximadamente 3.500 m cada unha, onde se percorreran as principais rúas de Tui, dende o Paseo da Corredoira, pasando pola beira do Miño ou adentrándose na zona monumental de Tui. Pero tamén haberá categorías inferiores de “pitufos” e benxamín, probas que van dende os 2 anos en diante.
A inscrición para esta proba será gratuíta pero existindo neste caso a “Operación Quilo”, polo que se solicita a cada atleta que se inscriba que no momento de retida do dorsal no Edificio dos Xulgados de Tui, entregue 1 quilo de alimentos non perecedoiros que o Club Atletismo Tui-Thermalia doará a unha ONG.
Os interesados poden atopar toda a información da proba e o formulario de inscrición en www.clubatletismotui.wordpress.com
Sem comentários:
Enviar um comentário