O Teatro Municipal de Tui acolle este sábado, ás 20.30h, un concerto das Malvela que van presentar en directo o seu último traballo discográfico “Raianas”. No mesmo as músicas dunha e doutra beira do Miño son as protagonistas, recollendo tanto os temas máis emblemáticos do grupo, cancións do camiño entre Galicia e Portugal, e temas novos que fan alusión ás lendas e contos desta ruta entre dous pobos.
Malvela está formada por a señora Carmen, Silvina, Fita, Clara, Carmiña, Carme, Lina, Maruxa, Aurita, Dina, Teresa, Merchi, Adela e Juaniña. Na parte musical estarán acompañadas por Gustavo Domínguez, acordeón; Raquel Domínguez, gaita e frautas; Pablo Ces, bombo; Anxo Pardo, tambor; Sergio Tannus, cavaquiño e voz, e Ana Senlle, percusión e dirección.
Nos seus directos Malvela transmite frescura, enerxía e entusiasmo, como poderemos comprobar este sábado en Tui. O concerto preséntase nunha secuencia que procura diluír as fronteiras xeográficas, temporais e culturais demostrando que temos, galegos e portugueses, unha única orixe común. Todo este legado cultural desenvolve unha viaxe ludicomusical polo repertorio máis raiano, 'Sete saias', 'Cásate, o prima', a versión de Padre Casares de 'O Pirimpimpín', e 'Voda na Raia', a que mellor representa o espíritu deste disco. Tamén se canta a alentejana 'Gota d'água' e 'Fui colher uma romã'. Magín Blanco compuxo un himno titulado 'Pola rúa de San Pedro' e Ana Senlle a 'Cantiga do Apalpador'.
No disco colaboran Carlos Blanco, Uxía, a poeta mosense María Magdalena, Nuria Freiría e Oli Xiráldez.
As entradas están á venda na web www.culturatui.info ata o sábado ás 13h ou o sábado a partir das 19h no despacho de billetes ao prezo de 4€ e 3€.
Malvela en concerto
Data: Sábado 10 ás 20.30h
No Teatro Municipal de Tui
Venda de Entradas: na web www.culturatui.info ata o sábado ás 13h ou o sábado a partir das 19h no despacho de billetes
Prezo: 4€ - 3€
Sem comentários:
Enviar um comentário