quarta-feira, 28 de março de 2012

O CONCELLO DE TUI PROMOVE UNHA ACCIÓN INFORMATIVA PARA OS AFECTADOS POLAS PREFERENTES


O Concello de Tui sensible á problemática das persoas da nosa cidade afectadas polas participacións preferentes en coordinación co Instituto Galego de Consumo da Consellería de Economía e Industria quere facilitar a información precisa a estas persoas e estudiar conxuntamente a documentación e as diversas formas de comercialización destas participación de cara as posibles accións a promover na defensa dos seus intereses.
No Concello de Tui será a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) a que trate esta temática e para establecer un calendario para a presenza dos técnicos do Instituto Galego de Consumo solicítase a todos os afectados que contacten con esta OMIC tudense para establecer unha data na que todos afectados poidan estar presentes para presentar as súas problemáticas concretas.
O alcalde Tui, Moisés Rodríguez Pérez, amosa o interese deste Concello por colaborar cos cidadáns tudenses afectados na defensa dos seus intereses facilitando este asesoramento técnico imprescindible.  O rexedor tudense quere agradecer á colaboración da Consellería de Economía e Industria da Xunta promovendo esta iniciativa que facilita o acceso de todos os afectados á información técnica necesaria con esta acción descentralizada que achega a administración e os seus recursos aos cidadáns.

Sem comentários:

Enviar um comentário