O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, acompañado de cinco concelleiros do grupo de goberno e un do grupo de Alternativa Tudense, realizarán unha visita institucional á Base General Morillo, sede da Brigada de Infantería Lixeira “Galicia” VII (Brilat) mañá martes 6 de marzo.
Esta visita institucional xorde a partires do convite expresado polos responsables desta agrupación militar especialmente vencellada á nosa cidade. Cabe lembrar como esta Brigada recibiu do Concello de Tui o “Guión de mando” para seu Grupo de Artillería nun emotivo acto celebrado no céntrico Paseo de Corredoira hai xa algún anos e como tamén a Brilat está presente anualmente nas festas de San Telmo e sendo nomeada pola Confraría do patrono de Tui, confrade de honra en recoñecemento ao seu apoio á esta festividade da nosa cidade.
O programa da visita é o seguinte
12,30: Chegada e recepción polo General Jefe da Brilat, D. José Antonio Alonso Miranda, no edificio do “Cuartel General” da Brilat . De seguido visita á exposición institucional sobre a Brilat
13.10: Exposición estática de armamento e material
13,50: Visita a “Alojamiento Logísticio de la Tropa”
14,15: Visita á “Sala Histórica de la Brilat”
14,30: Xantar de “rancho” no Salón Galicia
15,45: Despedida
O Alcalde de Tui agradece este convite da Brilat, nomeadamente ao seu General Jefe, pola deferencia cara este Concello de Tui que significa. Esta visita institucional contribuirá certamente a afondar nas entrañables relacións que unen a esta Brigada co Concello de Tui e os seus cidadáns e a promover o achegamento das Forzas Armadas ás institucións públicas e aos seus representantes.
Sem comentários:
Enviar um comentário