En días pasados á empresa Unión Fenosa procedeu á retirada dunha perigosa base de formigón existente na zona da Virxe do Camiño, na parroquia de Rebordáns, que tiña sido o apoio dunha torreta eléctrica pero que levaba en desuso dende hai tempo.
Gracias ás xestións realizadas polo goberno municipal tudense persoal daquela empresa eléctrica procedeu nestes días á retirada.
Para o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, esta intervención promovida polo goberno municipal se enmarca dentro das actuacións, ás veces de pequena transcendencia como esta, pero que contribúen na mellorar as condicións de vida dos veciños e, como neste caso, a mellorar a seguridade vial dos peóns que circulan por aquel lugar. O rexedor tudense agradece a colaboración da empresa que tras o requirimento municipal procedeu axiña á retirada deste elemento.
Sem comentários:
Enviar um comentário