O Concello de Tui en colaboración coa Escola de Música Municipal, o Conservatorio Profesional de Música e a Concellería de Servizos Sociais organizan un curso de “Iniciación á Música” dirixido a pensionistas e xubilados interesados en iniciarse no mundo da música, tanto a nivel teórico coma a nivel instrumental.
O curso está impartido por Algirdas Petras Pocius, músico, director de orquestras de corda e mestre de Violín/Viola na Escola de Música e no Conservatorio de Tui. O horario do curso será os martes de 10:00 h. a 13:00 h. (o primeiro día concretaranse horarios).
O curso é gratuíto.
O curso estará dividido en dúas partes.
a)Parte Teórica:
Coñecer as diferentes calidades do son.
Coñecemento e comprensión das Notas, Figuras e Silencios, así coma a súa aplicación na música.
Coñecementos básicos para lectura de partituras simples: pentagrama, clave de sol, liñas adicionais,…
Rítmica: estructuras rítmicas, lectura rítmica, imitación, xogos rítmicos.
b)Parte Práctica:
Recoñecemento de ritmos e sons.
Expresión vocal. Respiración, entoación,…
Movementos rítmicos co corpo, introducción a Bailes do Mundo.
Iniciación da práctica musical. Paso da teoría a práctica con instrumentos de Percusión Orff e con Frautas Doces.
As persoas interesadas poden recoller o boletín de inscrición que debe ser entregado antes do 20 de abril en:
A Concellería de Servizos Sociais de Tui (Praza do Concello 1, Tui) de 9 a 14 h.
O Conservatorio Profesional/Escola de Música de Tui (Avda. Concordia s/n, Tui) de 16 a 20 h.
Para máis información:
Teléfono do Concello: 986603625 ext 54
Conservatorio/Escola de Música: 986604404
Sem comentários:
Enviar um comentário