sexta-feira, 9 de março de 2012

Coro de Cámara “Gli Appassionati en Tui



A Asociación “Amigos da Catedral de Tui” comunica que o vindeiro sábado 10 de marzo na Catedral de Tui terá lugar un concerto do coro de cámara “Gli Appassionati” ás 19,00 horas.
“Gli appassionati” é un coro de cámara integrado por mozos “apaixonados” polo canto e a música en xeral que os define como grupo. Este coro representa a consolidación dun esforzo por crear unha formación vocal de gran calidade. Os seus compoñentes, un grupo de 16 cantantes con sólida preparación vocal e musical e ampla experiencia coral, abordan unha gran variedade de repertorio que inclúe obras de música clásica, pop, popular, etc., con plenas garantías de éxito e alto nivel de esixencia.
Unha das características deste coro é que gran parte do seu repertorio está composto e arranxado no seo da propia agrupación. Participaron en diversos eventos e festivais de música tanto con acompañamento instrumental como cantando a “capella” así como en diferentes producións discográficas de diversa índole.
Contan cun variado repertorio que lles permite participar en diversos eventos  e todo tipo de concertos. Nuria Lorenzo López, vinculada ao grupo desde a súa fundación, e ao que dirixiu en numerosos concertos, é á súa vez a directora artística do coro.
O programa deste concerto é o seguinte:
Primera parte
1. Ave María – Julio Domínguez
2. Zum Sanctus – Shubert
3. Ave Verum – Mozart
4. Benedicat Vobis – Haendel
5. Ave Verum – C.Gounod
6. Canticorum Iubilo – Haendel
Segunda parte
Magnificat – G.B.Pergolesi
Solistas:
Soprano: Laura Pazos Guerrero
Contralto: Marta Robles Iraurgui
Tenor: Federico G. López Silvera
Barítono: Ignacio Estellés Candal
A “Asociación Amigos da Catedral de Tui” continúa con esta actividade promovendo a revitalización deste templo catedralicio.

Sem comentários:

Enviar um comentário