terça-feira, 27 de março de 2012

CONCERTO DE FLAUTA DE PATRICIA GONZALEZ MOREIRA O VENRES NO CONSERVATORIO MUNICIPAL DE MÚSICA


A Concellería de Educación do Concello de Tui comunica que este venres, 30 de marzo de 2012, terá lugar no Conservatorio Municipal de Música un concerto extraordinario que correrá a cargo da frautista Patricia González Moreira, que estará acompañada polo pianista Javier Vázquez Grela. No decurso desta actuación interpretaran diversas obras de Grabriel Fauré e Carl Reinecke.
Este concerto dará comezo ás 20,30 horas e terá lugar na Sala de Audicións do Conservatorio tudense. A entrada é libre ata completar o aforo.
A concelleira Vanesa Rodríguez Pereira agradece a Patricia González Moreira, ex-alumna do centro musical tudense, a deferencia de realizar este concerto de frauta, especialidade na que está completando a súa formación musical.
Patricia González Moreira Comezou os seus estudos musicais con 8 años no Conservatorio Profesional de Música de Tui, onde no ano 2004 acadou o título profesional cunha media de sobresaliente. Realizou cursos con profesores como Magdalena Martínez, Pierre Dumail, Kate Hill, Vincent Lucas, etc. e colaborou coa Real Filharmonía de Santiago baixo a dirección de A. Ros Marbá e M. Zumalave. Formou parte da Escuela de Altos Estudios Musicales de Santiago co profesor Laurent Blaiteau e completou a súa formación superior no Conservatorio Superior de Música de A Coruña, baixo la tutela de César Concheiro. Recentemente, no ano 2011, acadou o primeiro premio do Concurso de solistas da Joven Orquesta y Coro de la Comunidad de Madrid.

Sem comentários:

Enviar um comentário