Caramuxo Teatro presenta este venres, ás 20h, no Teatro Municipal de Tui “Pío” unha obra de teatro de actores e monicreques dirixida a público familiar a partir dos tres anos.
Pío é unha obra chea de humor e tenrura para toda a familia, que conta a historia de Pío, un pequeno paxaro que nace só na fraga, sen ningún referente a seguir. O pequeno Pío coñecerá na súa aventura a unha morea de animais que viven na fraga, e descubrirá que non é un peixe, nin un coelliño, nin tampouco unha toupa. No final desa fantástica travesía sentirá o impulso de voar, de sentirse libre coma un paxaro.
O espectáculo conta cunha coidada estética e uns bonecos deseñados por Oscar Villán, Premio Nacional de Ilustración.
Laura Sarasola e Juan Rodríguez son os autores desta historia á que tamén dan vida sobre o escenario.
Caramuxo Teatro naceu na Coruña no 2003 da man de Juan Rodríguez, incorporándose catro anos despois Laura Sarasola. Neste tempo a compañía participa en diferentes mostras, feiras e festivais, e ten realizado a montaxe de trece espectáculos.
As entradas están á venda na web www.culturatui.info ata o venres ás 13h ou o venres a partir das 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 3€ e 2€.
Caramuxo Teatro con “Pío”
Data: Venres 9 ás 20h
No Teatro Municipal de Tui
Venda de Entradas: na web www.culturatui.info ata o venres ás 13h ou o venres a partir das 18.30h no despacho de billetes
Prezo: 3€ - 2€
Sem comentários:
Enviar um comentário