quarta-feira, 21 de março de 2012

O ALCALDE DE TUI MANTIVO UN ENCONTRO CO DELEGADO DO GOBERNO ESTA MAÑA



O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, mantivo esta mañá unha entrevista do Delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez Casado, no seu despacho oficial na cidade da Coruña. Este primeiro encontro serviu para que o rexedor tudense informase ao responsable do Goberno da Nación en Galicia das principais demandas da nosa cidade sobre as competencias estatais.
No decurso da xuntanza foron analizados, entre outros, os seguintes aspectos relacionados coa nosa cidade:
- Solicitude de humanización da Avenida de Portugal e zona da fronteira que presenta un aspecto pouco axeitado como “porta” de entrada en España e Galicia. Ao abeiro deste petición foi estudiada a posible cesión ou uso da zona de antigo control de vehículos pesados, hoxe sen uso pero que presenta problemas de conservación e mantemento. O Delegado do Goberno amosou o seu interese por abordar este investimento para dignificar estes lugares da zona fronteiriza.
- O Alcalde reclamou tamén o apoio da Administración do Estado no tema da continuidade da liña férrea entre Porto e Vigo así como a súa modernización. Tema que Juárez Casado asumiu para trasladarllo ao Ministerio de Fomento.
- Moisés Rodríguez informoulle da recente constitución da eurocidade Tui – Valença e das actividades que están a levar adiante. En relación con este tema, o alcalde tudense solicitoulle o seu apoio e xestións para que nesta eurocidade poida ter lugar unha das “cimeiras” entre España e Portugal que o actual goberno de España ten recuperado. Samuel Juárez comprometeuse a xestionar unha destas xuntanza neste enclave transfronteirizo de tanto simbolismo e actividade.
- Foron tamén abordados diversos temos de seguridade, como unha inmediata reunión da Xunta Local de Seguridade, o apoio dos Corpos de Seguridade ao traballo da Policía Local, a reclamación por parte do Alcalde tudense da cobertura da praza de Comisario de Policía nesta cidade
- Outros asuntos que repasaron foi o estado do proxecto de creación da senda polo río Miño, a solicitude do Concello de Tui de apoio ao traballo de recuperación do conxunto histórico (con especial referencia ao tema do Teatro Principal), etc.
Moisés Rodríguez agradece o clima de colaboración atopado no Delegado do Goberno e o seu compromiso de xestionar diante do Goberno central estes asuntos prantexados no decurso do encontro como aqueles outros que xurdan en relación coa cidade de Tui. Este encontro foi unha primeira roma de contacto para que Samuel Juárez que acaba de asumir recentemente a Delegación do Goberno en Galicia coñecese de primeira man estas solicitudes tudenses para comezar a traballar conxuntamente a prol da nosa cidade e dos seus habitantes.

Sem comentários:

Enviar um comentário