Na visita efectuada recentemente por unha delegación do Concello de Tui, presidida polo Alcalde tudense, á cidade alemana de Versmold se mantivo un encontro coas autoridades locais así como con representantes empresariais daquela vila xermana celebrado o pasado 24 de febreiro. Froito daquelas xuntanzas dende a Axencia para o Emprego daquela comarca de Gütersloh se dirixen ao Concello de Tui para expoñer aqueles perfiles profesionais nos que existen posibilidades de emprego e que son demandados polas empresas daquela zona de Alemania co obxecto de recibir propostas de persoas interesadas en acceder a estes postos de traballo.
O Alcalde de Tui agradece esta información e informa a todas as persoas interesadas en acceder a estas ofertas de emprego que poden recabar máis información a través da Axente de Desenvolvemento Local (ADL) na Casa do Concello de Tui en horario de 09,00 a 14,00 horas. A través deste Axente se procederá ao envío da documentación requirida por parte da Axencia para o Emprego de Gütersolh.
Os perfiles profesionais demandados son os seguintes:
Vendedores/as de carne
Ópticos
Acústicos
Floristas
Vendedores/as fabricación de alimentos
Cociñeiro/a
Panadeiro/a
Carniceiro/a
Camareiro/a
Axudantes na fabricación de alimentos
Conductores/as
Sector xardinería (GaLaBau) temporeiros
Empregada odontolóxica
- Fisioterapeutas
- Ergoterapeutas
- Médicos
- Asistentes médicos
- Electrónico/a (Electrónico/a – técnica de enerxía e edificios)
- Instalador eléctrico (m/f) para servizo ao cliente (Electrónico/a – técnica de automatización Industria))
- Técnico de servicio (m/f) (Electrónico/a - técnica de funcionamento)
- Electrónico/a – Aparatos e sistemas
- Electrónico/a - técnica de máquinas e accionamento
- Mestres/as electrotécnicos
- Mecatrónico/a
Para o rexedor tudense esta primeira oferta na procura de persoas interesadas nestes perfiles profesionais testemuña a importancia desta cooperación iniciada coa localidade xermana de Versmold que non só pretende abranguer este ámbito laboral senón que aspira a promover novos espazos de colaboración e encontro noutros ámbitos sociais. Para unha situación tan grave no tema do emprego como é a actual, sinala Moisés Rodríguez Pérez, esta posibilidade de posibles ofertas de traballo dende Versmold pode abrir novas expectativas para cidadáns tudenses. Estas xestións forman parte da preocupación do goberno municipal tudense pola insercción laboral dos desempregados do noso municipio, e así logo do traballo realizado no pasado ano a través do Obradoiro de Emprego, na actualidade se traballa no asesoramento e na vindeira oferta de novas actividades de formación que melloren a cualificación profesional destes demandantes de emprego. Este tema é unha prioridade para o noso goberno e traballaremos todas as posibles liñas de acción que procuren unha reducción dos índices de parados en Tui.
Sem comentários:
Enviar um comentário