O pasado xoves visitou Tui o Presidente da Real Federación Española de Piragüismo, Juan José Román, coa intención de ver o percorrido do Campionato de España de Maratón de Piragüismo que se celebrará os días 18 e 19 de agosto en nosa cidade.
Acompañado do Secretario da Federación, Narciso Suárez (compañeiro de Enrique Míguez nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles 84, onde acadaron a medalla de bronce en C2) e xunto co Concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, e o Presidente do Club Kayak Tudense, Esteban Alonso, puideron comprobar as instalacións deportivas e o percorrido deste campionato. Os responsables da Federación valoraron moi positivamente os equipamentos existentes no Concello de Tui así como o propio treito do río Miño, excelente para a proba a realizar.
O Presidente da Federación informoulles que hai intención por parte de RTVE de transmitir este campionato polo seu canal Teledeporte.
Para o concelleiro de deportes esta visita avala o esforzo que tanto o Concello como o Club Kayak están realizando na organización deste campionato. Nicolás Lorenzo lembrar que será a primeira vez que nunha cidade como Tui, onde o deporte da piragua posúe unha alta tradición e afección, se celebre un campionato de España que marcará un fito na vida deportiva tudense.
Sem comentários:
Enviar um comentário