sexta-feira, 23 de março de 2012

Visita ás instalación da Estación de Tratamento de Auga Potable de Tui co gallo do Día Mundial da Auga


Ás doce desde mediodía tivo lugar na ETAP, Estación de Tratamento de Auga Potable,  de Tui un acto institucional co gallo do Día Mundial da Auga.  No mesmo participaron o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, acompañado de diversos concelleiros do equipo de goberno. No mesmo fixeron fincapé na importancia do consumo responsable de auga, máis aínda nun ano  de seca como este. 
Na visita que realizaron ás instalacións da ETAP informaron que antes do verán aprobaranse os estatutos do Consorcio do ciclo integral da auga que abranguerá tanto saneamento como abastecemento dos concellos integrados no mesmo. Entre eles está Tui, onde están as instalacións da EDAR, Estación Depuradora de Augas Residuais,  e da ETAP que dan servizo a outros municipios da zona. No caso da EDAR na actualidade verten á mesma Tui, O Porriño, Mos e Salceda, e a ETAP de Tui abastece tamén aos concellos de Tomiño e A Guarda. No futuro barállase a ampliación dos concellos integrados e no caso de saneamento podería estar tamén Salvaterra, e no de abastecemento Oia e incluso Baiona. 
Tanto o alcalde de Tui como o delegado territorial da Xunta expuñan que se a ETAP vai dar servizo a máis concellos vai ser necesario tamén incrementar o persoal, que o control da calidade da auga se realice de xeito automático e posiblemente tamén a os depósitos de acordo coas necesidades que haxa.
En canto á presidencia do Consorcio arestora é exercida pola Xunta, e a secretaria é a do Concello de Tui. Logo os cargos serán rotatorios, e o secretario será o do concello que exerza a presidencia en cada momento.  A sede do consorcio estará nas instalacións da EDAR de Guillarei, e os prezos de saneamento e abastecemento serán homoxéneos nos distintos concellos. Iso si, o alcalde de Tui, salientaba que Tui ten a particularidade de ter no seu territorio tanto a EDAR como a ETAP o que debe ser tido en conta, xa que precisou dun investimento municipal, con axudas tamén da administración autonómica.
Amais a creación do Consorcio fará que os gastos sexan repartidos entre todos os concellos, de tal xeito que as perdas de auga que se producen, non terán que ser asumidas só por Tui, como acontece na actualidade. O mesmo acontecerá no caso de avarías ou mellora nas instalacións. 
Tui ten saneado o 90% do municipio o abastecemento de auga chega ao 99% da poboación
Por outra parte o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, avanzaba esta mañá que Tui é un dos concellos de Galicia con maior rede de saneamento que abrangue máis do 90% do municipio, mentres que a rede de abastecemento acada o 99%. Precisamente para completar esta última rede está previsto que en breve comecen unhas obras no barrio do Monte, en Caldelas,  para dotalo de abastecemento de auga municipal, que serán financiada pola Xunta. O delegado territorial confirmaba que as previsións son que estea en marcha antes do verán.

Sem comentários:

Enviar um comentário