Onte terminou a primeira quincena dos Campamentos Urbanos de Tui 2012, onde 88 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, gozaron das diferentes actividades deportivas e de ocio e tempo libre programadas dende o Concello de Tui: piragüismo, orientación, natación, talleres, actividades multideportivas, etc.
O fin de festa realizouse no novo Pavillón Deportivo Municipal, onde os nenos e nenas participantes organizaron unha exhibición deportiva para todo os pais e nais que lles acompañaron, que estivo dirixida polo Deus Zeus, dado que o campamento xirou en torno as “Olimpíadas”.
A segunda quincena comezou hoxe e levarase a cabo ata o martes 14 de agosto. Nesta segunda quenda participarán máis de 80 nenos e nenas.
Sem comentários:
Enviar um comentário