Este venres, 3 de agosto, ás 22.30h proxectarase na Praza de San Fernando a película “Rango”. Trátase dun filme para todos os públicos cunha duración de 101 minutos. Esta actividade forma parte da programación do verán organizada pola Concellería de Cultura de Tui.
O protagonista é un camaleón que decide darlle un xiro completo á súa vida, pasando de ser unha mascota doméstica a converterse no representante da autoridade no deserto de Mojave. É unha historia divertida, entretida e emocionante.
En caso de choiva a proxección terá lugar no Teatro Municipal, onde se deben retirar as entradas de balde, dende media hora antes do comezo da proxección, cun máximo de dúas por persoa. O aforamento no Teatro é limitado.
Cinema ao aire libre “Rango”
Lugar: Praza de San Fernando
Data: Venres, 3 de agosto ás 22.30h
Sem comentários:
Enviar um comentário