quarta-feira, 26 de setembro de 2012

A AULA CEMIT DE TUI ACOLLE UN NOVO CURSO : “PRODUCCIÓN AUDIOVISUAL” DO 1 AO 23 DE OUTUBRO


A aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Tui acolle do 1 ao 23 de outubro un novo curso de formación dirixido a todas as persoas interesadas nos novos ámbito profesionais arredor das novas tecnoloxías e as redes sociais neste caso sobre “Producción audiovisual”.
Curso: Producción audiovisual
Datos Xerais
Nivel: Básico
Prazas: 13
Número de horas: 60
Datas: 1 ao 23 de outubro de 2012
Horario: 16,00 a 20,00 h.
Descrición:  Con este curso de 60 horas preténdese que os participantes viaxen por todas as fases polas que pasa calquera produto audiovisual centránse especialmente na parte de edición de audio e de vídeo. Empregarase e ensinarase aos participantes todo o relacionado coa ferramenta de software libre Ligthworks, o máis avanzado editor e compositor de vídeo non lineal e Audacity para a edición de audio. A actividade está dirixida a todos aqueles que desexen obter unha preparación específica para incorporarse a un posto de traballo dentro dunha produtora, distribuidora ou canle de televisión, e a aqueles que desexen mellorar ou actualizar a súa formación neste sector, como preparación para desempeñar postos de responsabilidade. O curso iníciase con coñecementos básicos e abrangue todo o proceso para o desenvolvemento da produción de calquera produto audiovisual.
Inscrición: O curso é gratuíto. Se o interesado é usuario da Rede CeMIT, poderá inscribirse a través da web aulascemit.xunta.es/inscripcion e poderá seguir o seu proceso de reserva de praza; se aínda non é usuario da Rede CeMIT ou accede por primeira vez, debe achegarse á aula CeMIT (antigo Telecentro) de Tui, situada na rúa Colón, 2 (Edificio Área Panorámica – primeiro andar), co seu DNI e formalizar o proceso de inscrición como usuario da Rede para poder preinscribirse en calquera curso de Programa de Formación 2012. 
Para o Concello de Tui esta nova actividade amplía a oferta de formación que promove o Concello de Tui coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para favorecer a formación en novas especialidades e materia que atopan demanda no mercado laboral. 

Sem comentários:

Enviar um comentário