segunda-feira, 10 de setembro de 2012

O tudense José Leiras foi cuarto no Campionato de Europa de Esquí Naútico


O tudense José Leiras, de 12 anos, clasificouse en cuarto lugar no Campionato de Europa de Esquí Náutico celebrado recentemente en Roma onde competiu na modalidade de slalom en sub12. Pertence á Escola de Esquí Náutico do Club Náutico San Telmo.
José Leiras proclamarase hai mes e medio Campión de España en Seseña onde foi seleccionado para participar no Europeo de Roma. Esta foi a súa primeira competición internacional da que volve moi satisfeito.
Dende a Concellería de Deportes de Tui desexan felicitar a José Leiras por esta magnífica clasificación no Campionato de Europa, pola súa gran evolución no esquí náutico, un deporte que comezou a practicar hai tres anos. O concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, anima a este xoven esquiador a continuar na práctica deportiva. Ao tempo indica que o río Miño, coas súas excelentes condicións para a práctica deportiva, xunto ao esforzo dos deportistas posibilita que os deportes de auga en Tui estean dando moitas alegrías con importantes éxitos non só a nivel nacional senón tamén internacional.

Sem comentários:

Enviar um comentário