Un ano mais o Concello de Tui pon en marcha a “Liga de Fútbol Sala Saudable”, na que mais de 250 xogadores pertencentes a 20 equipos disputarán partidos no pavillón deportivo do IES San Paio.
A importancia de esta actividade é o seu carácter non competitivo, xa que non se ten en conta os resultados obtidos e tampouco se fan clasificacións. O que se pretende ca actividade é facer exercicio físico xogando ao fútbol sala.
Este ano, contamos con dous equipos de Valença do Minho e para o próximo ano pretendese facer a Liga de Fútbol Sala Saudable da Eurocidade, xogando partidos nas dos cidades.
Esta actividade enmárcase dentro das actividades do Plan Galicia Saudable, cuxo obxectivo é a loita contra o sedentarismo e a obesidade mediante o aumento da actividade física entre toda a poboación. Dentro do Plan tamén enmarcáronse este ano as “Andainas Saudables Eurocidade 2012”, así como a “II Travesía a Nado Eurocidade 2012”, amais doutras accións deportivas.
A Concellería de Deportes sigue apostando un ano máis por esta actividade, na que de luns a venres, dende outubro a xuño, xogaranse máis de 300 partidos. Para Nicolás Lorenzo Montes a promoción do deporte afeccionado é un dos principais obxectivos desta concellería de deportes, entendida como unha practica que favorece a saúde e os valores sociais e mesmo é unha alternativa ao lecer dos nosos cidadáns.
Sem comentários:
Enviar um comentário