sexta-feira, 7 de setembro de 2012

CASI ONCE MIL VISITAS Á OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO DE TUI NO PASADO MES DE AGOSTO


A Oficina Municipal de Turismo de Tui vén de facer públicas as súas estatísticas de visitantes que foron atendidos nestas dependencias de información turística e que no pasado mes de agosto acadaron a cifra de 10.934 consultas, o que significa un incremento de un 17% en relación ao mesmo mes do pasado ano no que foron atendidas 9.294 consultas.
Destas estatísticas podemos salientar os seguintes datos:
- 9.206 consultas foron efectuadas por visitantes procedentes de todas as comunidades autónomas, salientando 2.186 de Madrid, 1.311 de Cataluña, 1.201 de Andalucía ou os 860 procedentes da Comunidade Valenciana. De Galicia, nun posto medio, procedían 599 consultas.
- 1.728 consultas efectuadas por turistas estranxeiros, onde destacan 635 procedentes de Portugal, 266 de Francia e 233 de Italia e ata de 40 nacionalidades distintas dos cinco continentes.
Destes números cómpre reseñar que ata 1.304 destas consultas procedían de peregrinos: 673 españois (especialmente andaluces, madrileños e cataláns) e 631 estranxeiros (portugueses, italianos e alemáns). 
Outro dato especialmente significativo foi que 701 destas consultas efectuadas na Oficina de Turismo procedían de turistas aloxados nos diversos establecementos da hostalería tudense, o que indica unha tendencia a realizar unha visita máis de vagar á nosa cidade.

Sem comentários:

Enviar um comentário