terça-feira, 18 de setembro de 2012

MAÑÁ MÉRCORES 19 DE SETEMBRO SE INICIAN AS CLASES NO CONSERVATORIO PROFESIONAL E NA ESCOLA DE MÚSICA


O Conservatorio Profesional de Música e a Escola de Música do Concello de Tui anuncian que mañá mércores 19 de setembro comezarán as clases en ambos centros de formación musical de titularidade municipal.
A concelleira de educación do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, informa que na actualidade superan os 300 os alumnos que reciben ensinanza nestes centros educativos de caracter municipal cunha procedencia que abrangue no só ao concello tudense senón a outros municipios da contorna e mesmo de Valença e outras localidades lusas. Estes centros contan con máis de vinte profesores especializados que atenden a este alumnado.
A formación municipal impartida, tanto a de caracter regrado –como é o caso do Conservatorio Profesional de grado medio- como non regrado – no caso da Escola de Música- , supoñen unha importante oferta educativa que sustenta o Concello de Tui. Para manter en funcionamento estes centros educativos o Concello tudense realiza un importante esforzo económico para soster o funcionamentos destes centros educativos, evidenciando o importante compromiso que posúe o noso concello con esta oferta de formación musical para os nosos veciños.
A concelleira destaca a ampla oferta educativa existente na nosa localidade con outras actividades como é a Escola de Idiomas, a Aula da Uned, etc. que contribúen á formación dos nosos veciños e enriquecen os servizos públicos a disposición dos cidadáns.

Sem comentários:

Enviar um comentário