quinta-feira, 13 de setembro de 2012

O CONCELLO PROMOVE UNHA ACTUACIÓN PARA RENOVAR E ACTUALIZAR A SINALIZACIÓN DE TRÁFICO


A Concellería de Tráfico e Seguridade do Concello de Tui promove nestas xornadas unha ampla actuación para a renovación e arranxo de ata 85 sinais existentes no termo municipal. 
En concreto esta actuación, executada a través do Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir local)  comprende as seguintes actuacións:
1- Novas sinais: 29
2- Sinais retiradas por obsoletas: 13
3- Pracas de horario: 4
4- Sinais arranxadas: 11
5- Espellos viais: 2
6- Pintado de bados e stop: 5
7- Paneis retirados por obsoletos: 5.
8- Sinais informativas retiradas por obsoletas: 2
9- Postes de sinais novos: 12
10- Postes arranxados: 8, postes.
Total-  85 actuacións.
Para o concelleiro de tráfico e seguridade, Ángel Gutiérrez González, con esta intervención o Concello de Tui traballa para dotar de maior seguridade vial ás nosas estradas, cunha sinalización axeitada, ao tempo que promove o ornato eliminando a sinalización en mal estado. Esta actuación comprende unha intervención non só no centro urbano da cidade senón en diversas parroquias como Pexegueiro, Guillarei, etc onde o persoal do Grumir esta nestas xornadas procedendo a renovación desta sinalización que abrangue dende as sinais de tráfico á sinalización informativa, etc. O concelleiro convida aos cidadáns de Tui á conservación desta sinalización por parte dos cidadáns non colocando na mesma carteis, pegatinas, pintadas, etc que amais de afear as mesmas en xeral producen o seu deterioro en breve prazo. 

Sem comentários:

Enviar um comentário