quinta-feira, 13 de setembro de 2012

A AULA DA UNED DE TUI IMPARTIRA ESTE ANO O PRIMEIRO CURSO DO GRADO EN PSICOLOXIA E CONTINUA CO CURSO DE ACCESO


A Aula da UNED de Tui ten aberto o prazo de matrícula para cursos os estudos correspondentes ao primeiro curso no grado de psicoloxía, ampliando así a súa oferta educativa que ata agora abranguía unicamente o curso de acceso á universidade para maiores de 25 e 45 anos de idade.
O prazo de matrícula para todos os alumnos de novo ingreso está aberto ata o 25 de setembro, data improrrogable. A matriculación é sempre on-line a través da páxina: http://www.unedpontevedra.com/matriculacion para calquera consulta ao respecto poden chamar ao teléfono 986.851850.
As clases comezarán o luns 15 de outubro para o grado en psicoloxía e o mércores 17 de outubro para os alumnos do curso de acceso. As clases de psicoloxía serán os luns entre as 16,00 e as 22,00 horas namentres que o curso se acceso continuará impartíndose os mércores e xoves.
Xunto a esta formación regrada a Aula da UNED de Tui continuará impartindo outras actividades de caracter formativo entre as que compre destacar:
CURSOS UNED SENIOR (para maiores de 45 anos de idade)
1.- Idiomas: Inglés.
2.- Coidado de maiores dependentes.
Os cursos terán unha duración de 30 horas. O prezo é de 50 Euros, e os alumnos recibirán un certificado e acreditación da Universidade de superación da materia xa que os cursos están avalados pola UNED. A matrícula pódese realizar on-line a través do enlace á Uned-senior
ACTIVIDADES DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA (para todos os públicos)
Os cursiños e seminarios previstos para este ano 2012-2013 son os seguintes
1.- Enoloxía: "Sommelier, O interprete do viño"
2.- Quero montar a miña empresa ¿Qué debo facer?
3.- Literatura creativa
3.- Teatro e Artes escénicas
4.- DERIVE: un recurso para aprender matemáticas 
5.- Cómo educar a nosa intelixencia emocional 
6.- Cómo falar en publico 
7.- Taller para a elaboración dun blog
A concelleira de Educación do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, amosa a súa satisfacción polo inicio na nosa cidade da clases no grado de psicoloxía ampliando así a oferta educativa do noso municipio no ámbito do ensino superior, facilitando así o acceso de todos os cidadáns á educación. O Concello de Tui confía que deste xeito se incremente o número de persoas do noso municipio e a súa contorna que se decidan a cursar estudios universitarios, unha opción de gran interese para mellorar a súa formación académica e a súa cualificación profesional.
Rodríguez Pereira estima tamén de gran interese a oferta de actividades complementarias que nos dos últimos anos suscitaron un grande interese cubríndose as prazas ofertadas e que na ampla gama de cursos que este ano se realizarán pode atopar calquera persoa unha acción formativa de interese.
O Concello de Tui realiza un importante esforzo económico para a implantación dos estudos na UNED na nosa cidade convencido que esta oferta educativa incrementa a calidade dos servizos que ofrece Tui, consolidando así a súa posición estratéxica no seu ámbito territorial.
As persoas interesadas poden dirixirse ao correo electrónico: aulauned@concellotui.org ou en http://www.unedpontevedra.com/tui

Sem comentários:

Enviar um comentário