quarta-feira, 5 de setembro de 2012

Certame de Jazz na rúa Seixas de Tui esta fin de semana


Tres locais da rúa Seixas de Tui, a Viñoteca de García, a Adega e o Monumental Gastro&Cocktail Bar, son os organizadores do Certame de Jazz que esta fin de semana se vai celebrar nesta rúa.
Para que os músicos actúen instalarán unha pequena tarima no medio da rúa que estará rodeado das mesas dos tres locais organizadores para poder cear ao aire libre e gozar do concerto.
O Certame de Jazz comezará o venres ás 22h da man de La Timba Mullallo. O sábado será a quenda de Jorge Bombero Trío e o domingo de Moon Trío.
Os organizadores agardan que isto sexa o primeiro dun gran ciclo de jazz de cara ao futuro.

Sem comentários:

Enviar um comentário