quarta-feira, 5 de setembro de 2012

A PRAZA DA INMACULADA E INMEDIACIÓNS DISPÓN XA DE CONEXIÓN WIFI DE CARACTER PÚBLICO


O Concello de Tui informa que dende onte está operativa unha conexión a internet sen fíos ou rede wifi na céntrica Praza da Inmaculada da nosa cidade cun radio cen metros que posibilitará que os cidadáns poidan acceder a este servizo de modo libre e gratuíto.
O procedemento de conexión é sinxelo. Ao conectar o aparato cómpre seleccionar na listaxe de redes inalámbricas dispoñibles a rede denominada “Iberbanda”. O iniciar o explorador de internet aparecerá unha sinxela web que indica, de ser a primeira conexión os pasos para o rexistro, pedindo unha serie de datos; completado o rexistro recibirase unha mensaxe de texto no número de móbil indicado, na que figura o nome de usuario e contrasinal para conectarse a internet. Este rexistro cómpre unicamente realizalo na primeira vez que se conecte pois nas seguintes veces serán validos o usuario e contrasinal enviados.
Subliñar que segundo a normativa establecida para a prestación de servicios de comunicacións electrónicas polas Administracións Públicas a taxa de transferencia de datos estará limitada a 256 kbps de baixada.
Esta iniciativa forma parte das actuacións do proxecto Wimax Rural Pontevedra, cofinanciado con fondos europeos (FEDER) e promovido pola Deputación de Pontevedra, que ademais do desenvolvemento da rede Repoblar (Rede Pontevedra Banda Larga Rural), con tecnoloxía Wimax que dá cobertura ós 55 concellos que participan no proxecto, entre eles o Concello de Tui, inclúese este servizo de acceso a internet gratuíto mediante tecnoloxía Wifi nunha praza ou edificio de cada un destes concellos, seguindo en todo momento os condicionantes marcados pola Comisión del Mercado de las Telecomunicaciones para este tipo de servizo.

Sem comentários:

Enviar um comentário