O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, acompañado polo concelleiro de deportes, Nicolás Lorenzo Montes, visitaron esta mañá as primeiras intervención das obras de acondicionamento da pista para a práctica de actividades deportivas do Penedo que promove o Concello de Tui.
As obras programadas consisten na reparación do pavimento e do peche así como un reemprazamento das gradas existentes, xunto á instalación dun novo mobiliario deportivo con catro canastras e dúas porteirías en material antivándalico xunto ao repintado da propia pista.
O orzamento desta obra acada os 22.027,74 euros que son financiados integramente con fondos propios do Concello de Tui.
Para o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, esta obra era unha prioridade da concellería pois é unha pista para a práctica deportiva nunha zona de esparexemento da cidadanía que se atopaba en malas condicións para o seu uso. Así indica que “con esta intervención contaremos cunha pista axeitada para práctica de deportes como o baloncesto, fútbol, etc”.
A concellería de Deportes traballa arreo para dotar de equipamentos axeitados aos diversos clubs deportivos (a última medida foi a instalación da antiga caseta de Turismo para o club de tenis nas pistas do Parque Empresarial de Areas) ou de lugares para a práctica deportiva de carácter afeccionado como é neste caso da pista deportiva do Parque do Penedo. Tamén está previsto, nesta mesma liña, iniciar en breve prazo a construcción dunha pista de skate para os afeccionados tudenses a esta práctica deportiva.
Sem comentários:
Enviar um comentário