sexta-feira, 14 de setembro de 2012

NO CONCELLO DE TUI FORON ATENDIDAS MÁIS DE 350 CONSULTAS SOBRE AS PREFERENTES


Ao longo de todo o mes de agosto técnicos do Instituto Galego de Consumo (IGC) atenderon na oficina habilitada na Casa do Concello de Tui arredor de 250 afectados pola comercialización de participacións preferentes emitidas por diversas entidades bancarias ofrecendo información e asesoramento sobre esta temática. Ao longo deste mes de setembro é o persoal da Oficina Municipal de Información ao Consumido (Omic) do Concello quen leva atendidas máis de 80 consultas sobre este particular.
Destas arredor de 350 consultas cómpre reseñar que máis do 90% aceptaron avía da arbitraxe que impulsa o Instituto Galego de Consumo, dependente da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia. Esta arbitraxe de consumo, que continúa aberta e ten a mesma firmeza que unha sentenza xudicial, e trátase dunha vía áxil e gratuíta, posta en marcha pola Xunta de Galicia como a ferramenta que ten na súa man para que os aforradores podan recobrar os seus cartos.
En Tui hai xa 20 persoas e familias que recuperaran xa os seus aforros tras someterse ao laudo de obrigatorio cumprimento no que desemboca a arbitraxe de consumo como froito do traballo realizado a través do IGC e dende este organismo se confía que breve prazo poida incrementarse este número.
O Instituto Galego de Consumo aconsella que o interesado en acceder á arbitraxe acuda á oficina do Instituto Galego de Consumo e as asociacións de consumidores, onde se lles explicarán as vantaxes desta vía, que ata a data se perfila como unha opción eficaz para solucionar o problema.
O Concello de Tui colabora coa Xunta de Galicia na defensa dos afectados polas participacións preferentes por medio da arbitraxe levado a cabo polo Instituto Galego de Consumo, dependente da Consellería de Economía e Industria. A través da Omic do Concello se continuarán tramitando as arbitraxes solicitadas polos consumidores afectados, de feito, Galicia é a única comunidade que conseguiu artellar este mecanismo que está facilitando a recuperación dos cartos ás familias.
O Alcalde de Tui agradece ao Instituto Galego de Consumo o seu esforzo e traballo na procura dunha solución axeitada para os afectados pola mala praxis na comercialización destes productos financeiros e que gracias a este procedemento que non ten custes para os afectados, permite reintegrar o antes posible o diñeiro depositado por aquelas persoas que adquiriron participacións preferentes con información deficiente ou debido a unha mala comercialización. Moisés Rodríguez Pérez amosa a súa confianza que a través da arbitraxe a maioría dos afectados poidan recuperar os seus aforros, evidenciando o compromiso asumido pola resolución desta problemática.

Sem comentários:

Enviar um comentário