sexta-feira, 28 de setembro de 2012

ALTA PARTICIPACIÓN NO FORO PARA IGUALDADE ORGANIZADO POLO CEDIM DE TUI


O  Foro para a Igualdade que se celebrou este mércores día 26, na Área Panorámica de Tui,  cumpriu  co seu obxectivo de ser un espazo aberto no que se puxeran en común as  necesidades ás que se enfronta a muller da nosa comarca para acadar a igualdade. Este foro estivo organizado polo Centro de Atención Integral ás Mulleres (CEDIM) de Tui integrante da Rede Transfronteiriza de Centros de Dinamización Integral para as Mulleres na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Este proxecto europeo está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional a través do Programa de Cooperación Transfronteiriza entre España e Portugal 2007-2013.
Xunto aos técnicos do CEDIM encargados de conducir o Foro, o número de participantes foi de 31 persoas, representando ámbitos moi diversos coma persoal técnico vinculado  á administración pública: servizos sociais, servizos de atención á muller, servizos de emprego, de xuventude ou cultura; representantes de diferentes asociacións: veciñais e culturais, de persoas con discapacidade, de mulleres e comerciantes; persoal do mundo do ensino e xente que asistiu a título particular.
Nos diferentes grupos de traballo (área sociolaboral, cooperación institucional e necesidades en xeral) ademais de detectar as necesidades, tamén se propuxeron solucións para as propias necesidades ou problemas aos que se enfrontan as mulleres.
Con este material estase traballando para crear un Plan de Dinamización dos Centros CEDIM, que permita traballar nas áreas detectadas e que sexa aplicable para todas as Institucións, para así poder ofrecer mellores servizos ás mulleres.
A concelleira de servizos sociais, Olga Montes Moldes, agradece a participación dos diversos axentes sociais e interesados que se achegaron ata este Foro e que enriqueceron o traballo participativo realizado.

Sem comentários:

Enviar um comentário