quinta-feira, 27 de setembro de 2012

Emotiva homenaxe aos mundialistas do Kaiak Tudense

Máis de 350 persoas asistiron onte á tarde, no Teatro Municipal de Tui a unha emotiva recibimento aos mundialistas do Club Kaiak Tudense, Iván Alonso, Ramón Ferro, Ana Varela Carla Pérez e Óscar Graña que non puido estar presente. 
Os padeeiros foron recibidos cunha gran ovación e co público en pé a súa entrada ao patio de butacas e mentres subían ao escenario.  Interviron o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, o presidente do Club Kaiak, Esteban Alonso, e o dobre campión do Mundo, Iván Alonso.
O concello de Tui fixo entrega a estes deportistas duns obsequios e a Iván Alonso dunha pá de competición desexando que logre novos triunfos coa mesma. Ao remate do acto os catro padeeiros asinaron autógrafos, onde de novo sentiron o calor do público. 

Sem comentários:

Enviar um comentário