quarta-feira, 19 de setembro de 2012

Semana Cultural de San Miguel en Pazos de Reis


A Asociación Cultural Aloia de Pazos de Reis celebra dende este venres 21 e ata o venres 28 deste mes a súa Semana Cultural.
O programa comeza este venres ás 21h coa actuación do grupo de gaitas Lembranzas de Guillarei, e de Javier Argentino e a súa guitarra co música folclórica arxentina e galega.
O sábado a partir das 21h o grupo de teatro “Atalaia” do Centro Sociocomunitario de Tui presenta a obra “Extraños hábitos”.
O domingo ás 18h haberá unha exhibición de Break-Dance a cargo do grupo Fusion Flow. Logo haberá un espectáculo de playbacks a cargo das pequenas estrelas da parroquia.
A programación continuará o xoves 27 e o venres 28.

Sem comentários:

Enviar um comentário