quinta-feira, 20 de setembro de 2012

O ALCALDE DE TUI MANTIVO UNHA XUNTANZA COA DIRECTORA XERENTE DE PARADORES DE ESPAÑA


En días pasados o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, mantivo unha xuntanza de traballo no Parador de Turismo “San Telmo” de Tui coa Presidenta – Conselleira Delegada de Paradores de España, Ángeles Alarcó Canosa.
No decurso deste encontro motivado pola preocupación expresada polo rexedor tudense nunha recente carta ao coñecer os cambios realizados na dirección do Parador tudense a responsable da empresa informou ao Alcalde que estes cambios veñen motivados por estratexias empresariais derivadas da actual conxuntura económica pero que en nada afectan á continuidade deste establecemento hostaleiro referencial para a nosa cidade.
A Presidenta de Paradores informoulle ao Alcalde que a dirección deste Parador será conxunta con Parador de Baiona e amosou o compromiso de continuar dinamizando a actividade do establecemento  e con  actividades locais a prol dun turismo de calidade que contribúa ao desenvolvemento económico e cultural do noso concello.
Dona Ángeles Barceló quedou gratamente sorprendida polo emprazamento deste establecemento e das potencialidades turísticas da Eurocidade Tui – Valença expresando a súa disposición a colaborar na promoción das potencialidades turísticas tudenses.
O Alcalde de Tui expresou o seu agradecemento á Presidente-Conselleira Delegada de Paradores pola súa visita a Tui, por responder rapidamente ás preocupacións expresadas dende o Concello sobre a situación do Parador tudense garantindo a continuidade deste equipamento turístico tan importante para a nosa cidade. Dende o Concello agradecen esta disposición á colaborar na promoción turística da Eurocidade Tui - Valença

Sem comentários:

Enviar um comentário