Nesta mañá a directora Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, Ana María Díaz, visitou o Centro de Formación do Concello de Tui acompañada do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, varios membros do goberno municipal e o director do Centro de Formación, César Estévez.
Nesta visita a directora Xeral percorreu os talleres onde os 60 alumnos dos catro cursos de formación ocupacional desenvolvían o seu traballo diario. Nas palabras que mantivo con estes alumnos Ana Díaz insistiu na importancia destas accións formativas que posibilitarán que os alumnos reciban ao final, en caso de superar esta formación, o correspondente certificado de profesionalidade que os habilita para o desempeño desta profesión de cara a súa inserción no mercado laboral.
Os cursos que na actualidade se imparten neste Centro e foron visitados esta mañá son:
“Operacións de montaxe de redes eléctricas” de 298 horas
“Instalación de elementos de carpintería” de 578 horas
“Montaxe de mobles e elementos de carpintería” de 538 horas
“Operacións de fontanería e calefacción-climatización doméstica” de 558 horas
E como lembrou a Directora Xeral supoñen un investimento de aproximadamente 260.000 euros.
Pola súa banda, o alcalde de Tui agradeceu esta visita e o apoio da Consellería ao traballo que desenvolve o Concello no ámbito do emprego e a formación. A concesión destes catro cursos posibilita que 60 desempregado, maioritariamente mozos, melloren no seu perfil profesional. Neste sentido, salientaba o Alcalde como foi mo municipio tudense o único da comarca do Baixo Miño onde o pasado mes de agosto baixou a cifra de parados, confiando que co traballo tantos dos axentes públicos como privados este descenso se manteña de cara ao futuro.
Sem comentários:
Enviar um comentário