terça-feira, 19 de novembro de 2013

25 PERSOAS PARTICIPARON NUN CURSO DE TÉCNICAS DE SEGURIDADE E PRIMEIROS AUXILIOS DO PROGRAMA ACTÍVATE 2013

A actividade, clausurada onte, forma parte do programa “Actívate” da Deputación de Pontevedra
Onte, luns 18 de novembro, tiva lugar no Centro de Formación do Concello de Tui o acto de clausura do curso de “Técnicas de seguridade e primeiros auxilios” realizado en Tui ao abeiro do programa Actívate 2013 que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha para mozos da provincia de localidades de menos de 50.000 habitantes.
O curso “Aplicación de técnicas de seguridade e primeiros auxilios” tivo unha carga lectiva de 40 horas impartidas a un total de 25 alumnos no Centro de Formación do Concello de Tui. A segunda actividade formativa que o Concello escolleu como parte do programa Actívate 2013 é “Coidados básicos para persoas maiores” que comezará de inmediato e que pecha así a programación deste ano.
O alcalde Moisés Rodríguez e a concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes, acudían onte á clausura do curso no que 25 mozos e mozas de entre 16 e 35 anos, ambos inclusive, acadaron unha certificación formativa na área de seguridade e primeiros auxilios tan demandada para a meirande parte das ofertas de traballo actuais.
Con este novo curso agora rematado o Concello de Tui continúa apostando por unha ampla oferta formativa imprescindible neste momento de crise para mellorar as capacitacións profesionais e as posibilidades laborais dos cidadáns.

Sem comentários:

Enviar um comentário