quinta-feira, 14 de novembro de 2013

COMEZA EN TUI UN CURSO DIRIXIDO A MULLERES DESEMPREGADAS ORGANIZADO POLA REDE CEDIM

A Rede CEDIM (Centros de Dinamización Integral para as Mulleres) comezou hoxe a impartir en Tui un curso formativo dirixido a mulleres desempregadas co fin de mellorar as súas oportunidades de emprego e a súa inserción laboral. Este curso ten lugar, nas súas primeiras sesións nunha aula móbil instalada no aparcamento da Área Panorámica de Tui.
Un total de 20 mulleres asistían hoxe á primeira sesión desta oferta formativa gratuíta que ten unha carga lectiva de 40 horas, distribuídas en horario de mañá e  tarde, e que rematará o 25 de novembro. O curso estructúrase en dous módulos principais: formación en detección de oportunidades de emprego e formación en mellora das habilidades sociais e comunicativas.
A concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes, daba a benvida ás asistentes e resaltaba a importancia deste curso pola necesidade de estar formadas para a busca de  emprego nestes tempos que corren.
As mulleres asistentes recibirán un diploma acreditativo da formación realizada unha vez o curso teña rematado.
O proxecto transfronteirizo CEDIM, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ,ten coma obxectivos potenciar a participación das mulleres no desenvolvemento económico do territorio a través dunha formación gratuíta e práctica dirixida á activación laboral, e nesta liña ofrecerá en Tui outro curso, desta vez a través de Internet,  dirixido a persoal técnico que comezará o vindeiro luns .
O  Concello de Tui súmase a este proxecto en prol  de fomentar a igualdade das mulleres tanto social coma laboralmente e mellorar as súas oportunidades de empregabilidade .

Sem comentários:

Enviar um comentário