A compañía portuguesa Seiva Trupe presenta mañá venres, ás 21.30h, no Teatro Municipal de Tui “Adivinhe quem vem para rezar”. Unha obra que ten unhas características especiais xa que o público estarán no escenario xunto aos actores. Isto fai que se limite o aforo a 96 persoas. Así o explicaban esta mañá na presentación do espectáculo António Reis e Jorge Loureiro, que conforman o elenco desta montaxe, que estiveron acompañados por Moisés Rodríguez, alcalde de Tui, e Vanesa Rodríguez, concelleira de Cultura.
Antonio Reis explicaba precisamente as características especiais desta función na que os actores comparten escenario co público. Sinalaba que na representación desta comedia dramática haberá sorpresas, así como momentos de gran tensións e outros divertidos.
Jorge Loureiro, engadía que se trata dun espectáculo intimista, onde un pai e un fillo fala de cousas das que nunca antes tiñan falado, e das que teñen certa dificultade para falar.
A concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, explicou que Seiva Trupe chega a Tui no marco da programación cultural do último semestre do ano e ao abeiro da iniciativa Troco x Troco.
O alcalde Tui, Moisés Rodríguez, sinalou que nesta colaboración entre compañías galegas e portuguesas a Eurocidade Tui-VAlença tiña que estar presente sí ou sí.
As entradas están á venda en www.culturatui.info ata mañá venres ás 13h ou mañá dende ás 20h no despacho de billetes ao prezo de 6€ e 4,5€. Lembramos que se porán á venda só 96 localidades.
Seiva Trupe con “Adivinhe quem vem para rezar”
Data: Venres, 22 de novembro, ás 21.30h
Lugar: Teatro Municipal
Sem comentários:
Enviar um comentário