sexta-feira, 15 de novembro de 2013

OS CONCELLOS DO BAIXO MIÑO UNIDOS NA RECOLLIDA DE ALIMENTOS

O grupo Via RTV organiza unha gala-cea benéfica baixo o lema "Un Nadal para todos" para recadar fondos para as asociacións SOS Tomiño-Baixo Miño, Caritas Meira, AFAM e o Centro de Reparto de Alimentos de Ponteareas, que traballan na recollida e reparto de alimentos ás familias máis necesitadas en cada comarca.
A gala-cea benéfica que terá lugar o 30 de novembro no Hotel Samil ás 21:30h. A invitación para terá un prezo de 30€ e haberá fila 0. Están previstas no transcurso da noite distintas actuacións.
Hoxe tiña lugar a presentación deste evento no Salón de Plenos do Concello de Tui á que asistiron os alcaldes de Tui, A Guarda e O Rosal,e a alcaldesa de Tomiño para agradecer ás asociacións colaboradoras o seu traballo desinteresado e facer un chamamento á colaboración e unidade de todos os axentes sociais nestes tempos que corren.
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González salientaba o orgullo que supón para o concello que ela representa a evolución e crecemento da asociación SOS Tomiño,  nacida en dita  localidade,  que agora xa actúa en toda a zona do Baixo Miño, reflectindo a grande labor que están a facer os voluntarios .
Jose Manuel Dominguez Freitas, alcalde da A Guarda, agradecía ás asociacións a súa labor e aos medios de comunicación a súa colaboración na difusión deste tipo de iniciativas, e facía  un chamamento á solidariedade cidadá para compartir os que algo teñen cos que non teñen nada.
O alcalde de O Rosal, Jesús María Fernández Portela, remarcou a súa gratitude ás persoas colaboradoras que puxeron en marcha estes centros de recollida de alimentos xa que sen elas non sería posible sacar este tipo de proxectos adiante. 
Pechaba a presentación o alcalde de Tui, Moisés Rodriguez Pérez, dando a noraboa aos organizadores desta iniciativa pioneira na zona e ao tecido de asociacións que fan posible a eficiente xestión e reparto de axudas aos máis necesitados.
O grupo Via RTV estará presente este sábado no Alcampo de Coia para seguir coa campaña de  recollida de  alimentos que iniciaron en setembro.

Sem comentários:

Enviar um comentário