A música é a protagonista este venres, ás 20h, no Teatro Municipal de Tui con “A nena e o grilo”. Baixo a dirección de Pepablo Patiño presentan un espectáculo musical titulado “A nena e o grilo nun barquiño” da autoría de Magín Blanco. Os dous, Pepablo Patiño e Magín Blanco, forman parte do elenco xunto a Jorge Juncal, Jerry Noia, Montse Piñón e María Faltri. Ao longo de 60 minutos a nena e o grilo viven novas aventuras para descubrir o mundo dende unha perspectiva sinxela e xenerosa. As cancións que acompañan a posta en escena abren as portas a que os propios nenos poidan crear o seu universo e achegar as historias dende a súa perspectiva persoal.
As entradas para este espectáculo están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 13h ou no despacho de billetes o venres dende ás 18.30h ao prezo de 3,5€ e 2,5€.
A Nena e o Grilo con “A nena e o grilo nun barquiño”
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Data: Venres ás 20h
Venda de entradas: en www.culturatui.info ata o venres ás 13h ou no despacho de billetes o venres dende ás 18.30h ao prezo de 3,5€ e 2,5€.
Sem comentários:
Enviar um comentário