Nestas xornadas comezaron os traballos de execución da obra de “Mellora do acceso ao Parque Empresarial de Areas: creación de rotonda e renovación de pavimento” por un importe de 114.459,32 euros, que se realizar gracias a unha achega da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia que conta con financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).
Con este investimento o goberno local tudense pretende dotar dunha maior seguridade vial ao acceso a este importante equipamento industrial e comercial do noso municipio que recibe numerosos visitantes e, ao mesmo tempo, favorecer unhas mellores condicións na comunicación na parroquia de Areas, en concreto ao veciños do barrio de Anta.
A creación dunha rotonda no actual cruce de acceso ao Parque Empresarial e a renovación do firme deste vial de acceso repercutirán de xeito positivo nas condicións desta importante e transitada estrada local.
Para o rexedor tudense, Moisés Rodríguez Pérez (que nesta mañá visitou as obras acompañado por membros do goberno municipal e veciños) con este novo investimento na parroquia de Areas o Concello de Tui continúa apostando por promover unha mellores condicións de habitabilidade nas diversas parroquias do noso municipio. Ao tempo agradece este novo investimento de fondos que realiza a Xunta de Galicia no noso municipio, testemuñando o seu compromiso a prol de todos os tudenses.
Sem comentários:
Enviar um comentário