Dende o Club Deportivo Andatui-regodapedra, informamos que o vindeiro sábado día 30 de novembro faremos unha nova camiñada que será na Serra da Groba (Torroña).
Esta ruta transcorre pola localidade de Torraña, na Burgueira, termo municipal de Oia. Un percorrido de 13 quilómetros en sentido circular e de dificultade media-baixa, que durará arredor de 4 h.
Esta camiñada trancorrerá por un dos puntos escollidos polos amantes do parapente para comezar a súa aventura, o que permitirá gozar de fermosas vistas panorámicas de Viladesuso e Oia. Pasarase ademáis polo curro de Torroña, onde cada primeiro domingo de xuño celébrase a rapa das bestas. Será unha xornada pra convivir con cabalos e vacas salvaxes, un percorrido no que poder ollar de preto zonas reservadas ó pastoreo para os rabaños de cordeiros.
Co motivo da despedida deste ano 2013, ó remate da andaina o club organiza un xantar no restaurante Casa Paco (Torroña). Os que estén interesados en participar no xantar deberán especificalo expresamente no formulario de inscrición que se debe cumprimentar antes do 29 de novembro. O prezo será de 20 € / persoa para un menú completo, que inclúe cordeiro da serra ou cocido galego (a escoller).
Saída dende Tui será as 9.00 h. no Centro Interfederado de Remo .
Incio da camiñada as 9.45 h. Torroña (Centro).
Toda a información sobre a ruta e a inscrición en www.andatui.es
Sem comentários:
Enviar um comentário