O pasado sábado celebrouse no auditorio do edificio da Xunta de Galicia en Monteporreiro (Pontevedra) a gala do piragüismo galego, no que recoñecéronse aos mellores padeeiros do presente ano, así como aos campións das distintas ligas disputadas ao longo do 2013.
O padeeiro tudense Iván Alonso foi declarado mellor deportista masculino, polas medallas de ouro no campionato do mundo de maratón en K2, campionato de Europa de maratón en K1 e K2, e pola medalla de prata en K1 no campionato do mundo.
O Club Kayak Tudense recibiu o galardón ao mellor club galego, sendo gañador da XVIII Liga Galega de pista, e Rubén Millán foi nomeado mellor deportista promesa do presente ano.
O Concello de Tui felicita a Iván Alonso e Rubén Millán por estes galardóns acadados nesta magnífica tempada, así como á xunta directiva e adestradores do Club Kayak Tudense, dado que un ano máis demostran ser o mellor club galego e un dos mellores nacionais.
Sem comentários:
Enviar um comentário